Esta semana empezamos co Club de Zooloxía. Coñecémonos, charlamos un intre e decidimos o proxecto que imos facer este curso. A idea é facérmonos expert@s en animais e construír, en equipo, unhas guías para engadir nos andeis da biblioteca. Hoxe tomáronse decisións e planificamos a temática de cada unha destas guías.

