Nestes días inauguramos o Club de Detectives! 🕵 🔎
Cada unha/un de nós creou o seu propio carné de detective, onde iremos anotando todos os casos que consiga resolver. Ademais, para facelo máis real, deixamos as nosas impresións dixitais! Agora si, o equipo de detectives está oficialmente listo para empezar a investigar.


