O pasado Luns reuniuse o Club de Cociña para, guiados por LLaurine, preparar unhas arepas e desfrutar de conversas sobre cociña , repasar receitas tradicionais de distintos lugares, segundo as nacionalidades do alumnado, e ollar en Libros de cociña da biblio distintos xeitos de preparar ese alimento. Amais de facer, aprender e probar as arepas tamén desfrutamos dun xornada de convivencia almorzando tod@s xunt@s ao rematar as clases e antes de empezar a sesión do Club.
Deixámosvos unha reportaxe fotográfica desa tarde.







