PECHE DO CURSO E DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA DE MANGA

Rematamos o curso e con el ímonos despedindo das xuntanzas dos clubs, emplazando para o vindeiro os nosos encontros e con moitas novas que estamos a preparar coa colaboración dos participantes. Nestas derradeiras reunións ( por grupos burbulla, xa sabedes) falamos de «Guardianes de la noche» e «Death note», obras que encandilan aos nosos contertulios e das que coñecen moito, tanto versión Manga como Anime. Partillamos tamén sobre autores como : Akira Toriyama, Osamu Tezuka, Naoki Urasawa, Takehiko Inoue…entre outros; e páxinas como «Manga dogs».

Á espera de volvernos ver moi pronto, deixámosvos un post con enderezos de páxinas de Manga gratuitas e desexámosvos unhas felices vacacións.

Que nos esmoreza mangueiras e mangueiros!!!!!

AUMENTA O CLUB DE MANGA

O Club de Manga segue aumentando coa participación de novos membros. A última integración son as alumnas de 4º de ESO Paula e Ariana. Como sabedes por mor do COVID temos que facer as reunións por grupos burbulla, así que esta derradeira xuntanza foi só con elas, pero a familia Manga crece. Benvidas rapazas!!!

NARUTO

Déixovos uns episodios de Naruto. Que disfrutedes!!!!

COMENZA O CLUB DE LECTURA DE MANGA

Asistimos ao primeiro encontro do Club de lectura de Manga, dentro do Proxecto da Biblioteca. Os membros do club, que por mor do COVID reúnense por clases, disertaron coa axuda de Izan, alumno de terceiro, sobre as aportacións do Manga ás súas vidas, os valores que extraen da súa lectura e a amenidade das historias. Cunha grande implicación amosaron o coñecemento que posúen sobre o xénero.