Segunda reunión do club Dragóns e mazmorras. Como sabedes é o xogo de rol máis influente do mundo, centrado na narrativa colaborativa e a fantasía heroica. Nunha partida típica, un grupo de xogadores crea personaxes (como guerreiros, magos ou pícaros) para vivir aventuras nun mundo imaxinario, e iso é que estamos a facer, crear a nosa propia historia.
Seguimos as pautas do xogo orixinal. Dungeon Master (DM) é o narrador e árbitro; describe a contorna, controla aos monstros e aplica as regras. @s Xogador@s describen as accións dos seus personaxes. O éxito ou fracaso determínase lanzando un dado de 20 caras (d20) e sumando bonificadores segundo as habilidades do personaxe. Sen final predefinido.

A diferenza dun videoxogo, as opcións son infinitas e a historia evoluciona segundo as decisións do grupo. Así que, aí estamos creando o noso propio xogo. Anímaste a nos acompañar?!!!!