Imos facer unha mención especial ás colaboradoras da Biblioteca, alumnas, na súa maioría, e alumnos de Secundaria que nos recreos, ordenan, colaboran e participan creando espazos, adornando e poñendo a nosa biblio moi dinámica e bonita. Realizan a cartelaría, preparan a sala para a realización das xuntanzas dos clubs e no Nadal procuráronnos unha árbore de palabras para a reflexión.

Grazas a tod@s por axudarnos a facer do noso lugar de encontro un lugar máis funcional e acolledor!!!!!