A Biblioteca é un espazo de lecer para moito do noso alumnado que troca o balón por outras actividades no tempo do recreo. Encontros fuxidíos das compoñentes do Club de Harry Potter, que están preparando a decoración que adornará a vindeira reunión do Club, coincidente co Samaín, conversa coas amigas nun cómodo recuncho acolchado, pintamos, construimos, xogamos, contamos historias… e sobre todo, descansamos ata volver á aula.