Tendo como “fío” condutor a lectura de novela romántica e histórica, decidimos crear un Club donde, arredor dunha máquina de coser, como as modistas de antaño, poideramos aprender a coser, da man da Profe Chus, e namentres, comentar as últimas lecturas doutros Clubs, ou indagar en títulos como ” Siete agujas de coser”, ” La casa de los hilos rotos” ou manuais de costura.

Aquí nos tendes, tixeira en man, facendo unha almofadiña para poñer as agullas.