Comezamos a andaina dun novo Club que inundou a Biblio con deliciosos olores e sabores coma os descritos na famosa novela de Laura Esquivel ” Como auga para chocolate”, e que foron o deleite d@s presentes.

Cun grande éxito de participación e embebido nun espazo de romanticismo literario, á par que culinario, o alumnado, da man da profesora Lidia, desfrutou desentrañando a receita, entre conversas e risas, dunha saborosa mousse de chocolate, que foi elaborada co mesmo amor que se profesaban Tita e Pedro, protagonistas da novela mencionada, na nosa improvisada cociña literaria.

Deixámosvos unhas imaxes que ilustran o acaecido na xuntanza do club.

Bo proveito!