Co gallo do Día Internacional dos Océanos, queremos compartirvos un fermoso proxecto realizado por todo o alumnado do Centro, no marco das actividades da radio escolar. Desde Educación Infantil ata E.S.O., cada clase estivo representada por un/unha alumn@ nunha lectura colectiva da “Cantiga de Amigo” do trobador vigués Martín Códax: “Ondas do mar de Vigo”.
Como parte do Proxecto de Centro sobre o “Medio Ambiente”, esta actividade final foi unha maneira de conectar coa natureza e a literatura e reflexionar sobre a importancia de preservar os nosos océanos. As voces d@s nos@s estudantes resoaron como as ondas do mar, lembrándonos a beleza e a fraxilidade deste recurso vital.