Hoxe tivemos o noso último encontro, deste curso, do club de Harry Potter. Fixemos un concurso para ver quen era @ máis expert@ sobre a primeira novela da saga (que lemos este ano): Harry Potter e a Pedra Filosofal. Tod@s recibiron unha pequena lembranza do club en forma de marcapáxinas e, ademais, est@s tres Potterheads foron @s mellores no noso Kahoot. Parabéns Lola, Cloe e Amadou! E como di a nosa querida JK, “a maxia está nas palabras“.