Dentro do marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, o alumnado de ESO, en colaboración co Centro de Saúde de Lavadores, desenvolveu o “Proxecto Salvavidas” co lema: REGALA VIDA: DOA OS TEUS ÓRGANOS
No devandito proxecto fan visible a bonanza da doazón de órganos mediante a elaboración e desenvolvemento de diversas actividades que son as que seguen.
O alumnado de 1º e 2º de ESO realizaron carteis informativos sobre distintos órganos e/ou tecidos fomentando a súa doazón, e tamén un cartel cuns códigos QR, que redirixen a videopresentacións de persoas que foron transplantadas e que relatan a súa experiencia. (Vídeos 2, 3 e 4)
Por outra banda o alumnado de 3º de ESO creou e executou unha dramatización cuio argumento retrata a dura decisión que unha familia debe tomar, tralo pasamento dun ser querido, de doar os seus órganos, e o seu contrapunto, unha familia que espera a doazón dun órgano cuio transplante pode salvar a vida dun dos seus.
Finalmente o alumnado de 4º de ESO encargouse da gravación e edición dun vídeo que reflicte o traballo realizado por todo o alumnado. Este vídeo, que poderedes ver a continuación, presentouse o venres 24 de maio no Centro de Saúde de Lavadores e, en breve poderá visualizarse nas pantallas dos Centros do SERGAS da área sanitaria de Vigo.

VÍDEO 2 RILES
VÍDEO 3 PULMÓNS
VÍDEO 4 CORAZÓN