O xornal Faro de Vigo, na súa edición do Faro da Escola, publica unha nova sobre a Xincana literaria deseñada polo alumnado de Primaria e realizada no patio o día 23, Día do Libro. A competición consistiu na realización de seis xogos: Pasapalabra de libros, Bolos de descarte, Bookface, A mensaxe encriptada, Personaxe misterioso e Historia compartida.
Deixámosvos o artigo publicado e aí podedes ollar toda a información sobre o acontecido.