Hoxe, @s peques de Infantil e 1° e 2° curso de Primaria tiveron a sorte de poder contar con dúas alumnas de 4º da ESO, Antía e Sara, que lles contaron un precioso conto en lingua inglesa “The very hungry caterpillar”. Ademais, gozaron dun obradoiro no que traballaron moitos contidos relacionados co libro e viron converterse á teacher Patri nunha flamante bolboreta.

Foi moi especial a interacción entre @s máis pequen@s e @s maiores do centro! Moitas grazas chicas!