Entre as actividades relacionadas co “Día do Libro”, en 1º e 2º de Ed. Secundaria gozamos da presentación dun libro moi especial: ‘Crónicas de Krandhara: O Legado dos Medallóns’ de José Varela, pai do noso compañeiro de 2º Miguel Ángel, quen leu algúns fragmentos da obra.

Moitas grazas ao autor pola súa xenerosidade ao explicarnos todo o proceso que o levou á publicación desta fascinante historia!

Recomendámosvos a súa lectura.