Hoxe reunímonos o club de Manga para seguir co deseño do noso xogo de mesa. Aproveitamos tamén ese intre para charlar sobre os novos mangas que estamos a ler, describir novas historias e, mesmo, gardar unha selección das series que estamos lendo no recuncho reservado para o club, para poder continualas sen interrupcións!