Esta semana o Club Ecolóxico inicia o proxecto da horta escolar. Observamos, con moita curiosidade, como son as raíces dunha plantiña e replantamos unha ducia de leitugas. Aínda son pequenas, pero con moito mimo e coidados pronto poderemos facer unha rica ensalada con elas.