Esta semana o club de Harry Potter asistiu a unha das míticas clases da Escola de Maxia e Feitizos de Hogwarts: a aula de apócemas. Fabricamos diferentes remedios que aparecen nos libros de beberaxes con elementos naturais e témperas. @s máis romántic@s levaron frascos de Amortentia (filtro de amor); @s máis ambicios@s, de Felix Felicis (sorte líquida); e @s máis aventureir@s, fabricaron a pócema Multimollos (para cambiar a apariencia).