Nos recreos o alumnado amais de ler tamén xoga e divértese. Máis aló de compartir actividades con compañeiras e compañeiros doutros cursos e idades, desenvolven capacidades e destrezas afastadas da virtualidade informática, deixando espazo á risa, o pensamento lóxico, a estratexia e á expresión de sentimentos e valores positivos. Aquí temos unha mostra da convivencia de Primaria cos xogos de mesa catan, splendor e pelusas.