Moitas das familias do noso Centro fan aportacións de libros e materiais para a Biblio. Hoxe destacamos como exemplo a Alexia, de 1º de ESO, usuaria habitual do noso espazo, que atopou un dos libros donados polos seus na sección de Novidades e sentiuse moi leda co achado.

Grazas familias pola vosa colaboración!

Grazas Alexia polos teus aportes á Biblio e o teu satisfeito sorriso!!!