Hoxe visitounos Paula Rivas, científica galega da Universidade de Vigo que está especializada en Neurociencia. O seu traballo de divulgación levouna a escribir o libro “A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano”, que o alumnado de 5º e 6º de Primaria temos programado ler no terceiro trimestre.
Paula Rivas conseguiu espertar nas nenas e nenos o interese polo libro, que asinará nunha próxima visita ao Cole a final de curso.
Grazas Paula!


