Hoxe reunímonos os membros do Club de Harry Potter, e xa que este Nadal chegounos, a cada unha/un de nós, a carta de invitación ao colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería, aproveitamos a oportunidade e fixemos un obradoiro de envellecemento de papel con tinguiduras naturais, para facer as nosas cartas máis especiais.