Hoxe no club ecolóxico de 3º e 4º de Primaria plantamos as nosas sementes en terra. Ata o de agora tiñámolas collendo forzas dentro dun algodón, pero coidámolas tan ben que están todas enormes! Como vén unha ponte, a plantiñas viaxeiras acompañarannos a casa, e a derradeira semana de clases, antes do Nadal, trasplantarémolas nuns sementeiros máis grandes para iniciar o noso horto escolar.