Co gallo da celebración esta semana do “Día contra a violencia de xénero” terá lugar na Biblioteca do centro unha exposición que axude a visualizar o papel da muller no ámbito mariño.
“Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” é unha exposición, que imos inaugurar estos días, coa que se busca dar visibilidade ao papel da muller no traballo do mar. Integra fotografías de redeiras, mariscadoras, peixeiras, mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño, ou a que fora a directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández. A exposición está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo.
Realizaremos varios obradorios co alumnado en relación coa mostra, e estará aberta ao público ata o 14 de decembro.