Hoxe tivemos unha nova xornada do club de lectura “Xorna-list@s”.
Coma sempre, comezamos cunha lectura dos libros de fábulas que estamos a ler. Nesta ocasión tocou a fábula “A Chicharra e a Formiga”. Lembrades a fábula? alguén lembra a algún compañeiro que che pide a libreta para copiar os teus exercicios porque non os fixo a fin de semana? Seica foches un deses?
Logo gravamos o segundo telexornal con dúas “Novas Recentes”. Aínda tes que esperar un pouco para poder velo, pero podes visitar a canle do EDLG e rir cos “Dígochoeu#” do Samaín.
https://www.youtube.com/@EDLGNSEsperanza/about