O alumnado de Oratoria (3º ESO) prepárase na biblio para participar no Parlamento Xove, a competición de debate que terá lugar en Santiago de Compostela no mes de xuño. Traballamos a expresión escrita, oral, a creatividade, a argumentación razoada, o traballo en equipo e a convivencia. Para nós xa son vencedor@s, pero terán que demostrar as súas habilidades fronte a outros colexios de Galicia. Moita sorte rapazada!!








