Chegou á Biblio a Maleta viaxeira cargada de poesía para ler, para sentir, para dedicar, para disfrutar… e da que poderemos facer uso nas clases, en lecturas colectivas e outras actividades escolares e da Biblio durante un mes.

Está enfocada a Secundaria, pero pode achegarse a ela todo o alumnado que goste da poesía, sobre todo nos derradeiros cursos de Primaria.

Podedes interactuar con autoras e autores insignes, fermosas rimas e unha lírica apta para os máis avezados que son quen de disfrutar da expresión dos máis íntimos sentimentos. De seguro ides gozar mergullándovos nesta maleta que agocha o máis fermoso e sensíbel da expresión literaria.

Deixámosvos unha galería con fotografías do que esconde esta marabillosa maleta de rimas e versos.