Canto aprendemos neste pequeno GRAN proxecto!! A gran liña do tempo, que empezamos en 1º da ESO cunha coordinadora moi especial, a nosa compañeira Clara, de 4º, quen nos guiou neste proceso tan completo e interdisciplinar. Nel puidemos debuxar, pintar e entender o tempo a través das proporcións das etapas históricas (por iso unha Prehistoria marrón como a pedra e moi, moi longa!)… pero, sobre todo, co proxecto aprendemos a traballar en equipo e a investigar indagando nos libros da biblioteca e procurando as mellores ilustracións para contar a Historia a través das imaxes escollidas.
Aínda non está todo feito, proximamente… Roma!