Hai uns días desfrutamos a visita de Branca Novoneyra, filla do escritor Uxío Novoneyra e representante da Fundación Novoneyra. Estivo con nós toda unha mañán e puidémonos adentrar na vida e obra do autor, realizar actividades como un Obradoiro de Literatura en 2º e 3º de ESO, ou descobrir os contos de Uxío en 3º e 4º de Primaria.
Ademais, o Equipo de Radio de 1º da ESO fixeron una entrevista á nosa convidada.
Deixámosvos unha galería de imaxes coas actividades da visita.