No día de hoxe 25 alumnas e alumnos, voluntarios, do cole, como xa fixera o profesorado, tiveron unha formación específica no uso da radio escolar.

Estas/os 25 compoñentes serán as nosas e os nosos técnicos e técnicas especialistas, que axudarán e ensinarán ao resto das /dos compis a gravar podcast, programas, e realizar outras actividades que farán da radio un espazo de entretemento, aprendizaxe e divertimento continuo que dinamizará as nosa estadía na Biblio e no centro.