Comenzamos xa cos proxectos na radio, locucións, entrevistas, podcast e diferentes traballos e actividades que gañan en motivación e aprendizaxe grazas a este medio.

Estas imaxes son de 3º de Primaria. Traballamos un tema por medio de entrevistas elaboradas polo propio alumnado e gravamos coma se fora un programa de radio. Posteriormente reproduximos os audios en clase, comentámolos e fixemos un coloquio coas preguntas e respostas de todas e todos.