Os departamentos de Plástica e Historia da ESO traballan nun proxecto interdisciplinar que se realiza nos catro cursos da etapa. O alumnado está a crear unha gran liña do tempo ilustrada que abrangue desde a Antigüidade ata a etapa contemporánea. O resultado será unha mostra temporal que se espalle ao longo das catro aulas.
O proxecto conta cunha coordinadora moi singular, a alumna de 4º, Clara Francisco, que está a liderar brillantemente este bonito traballo colectivo vencellado á nosa biblioteca, que é o espazo ideal para sacar adiante este importante reto artístico, gráfico, bibliográfico e documental.
Hoxe deixámosvos algúns momentos da sesión con 1º de ESO.