As compoñentes do Club “Lecturas Románticas”, na súa primeira sesión do ano, realizaron unha actividade creativa mentres comentaban as lecturas desenvolvidas ,e en desenvolvemento, durante as vacacións de Nadal.
A actividade consistiu na manufacturación dun marcapáxinas personalizado, con forma de bágoa e adornado con colgantes de fantasía, que representa emocións, triste e alegre, e que serán utilizados para calificar algunha das lecturas recomendadas polo Club.