VISITA AO SALÓN OTAKU

O pasado finde desfrutamos dun día moi especial na Coruña, con variedade de actividades, produtos, obradoiros e charlas relativas ao mundo do cosplay, o manga e o anime, xunto cunha morea de persoas cos mesmos intereses que nós. Unha gran oportunidade para ampliar as nosas actividades do club de lectura e un día de convivencia «extraescolar» moi divertido e ilusionante.

Seguimos ampliando horizontes no noso club! MATA NEEEE !!!!