E-ELBE.2. LECTURA DIXITAL PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES  E FAMILIAS

E-ELBE 2. é un novo servizo co que contamos as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións da biblioteca con variedade de formatos (libros, audiolibros, podcast e outros) en todo tipo de dispositivos (computador, dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, online e offline, para todos os usuarios (profesorado, alumnado e familias) que conten co carnet de usuarios das bibliotecas escolares.

Podemos acceder á plataforma desde este blog (CATÁLOGOS- PRÉSTAMO DIXITAL). Realizaremos a nosa procura mediante o botón de Vista previa, onde podemos acceder ás primeiras páxinas dos títulos para facernos unha idea antes de decidirnos a coller en préstamo. Esta previsualización pode realizarse sen necesidade de estar autenticado na plataforma.

Unha vez nos decidimos por un título en particular, poderemos obter a lectura co contrasinal persoal que  temos que solicitar na biblioteca do cole. Cada alumno/a poderá obter un préstamo simultáneo de dous títulos e un total de 10 durante o curso, así como as familias e profesorado.

Esperamos que disfrutedes das lecturas dixitais máis variadas e actualizadas!