Hei! Psst! mirade o que atopamos na nosa Biblio!

Unha morea de entes e seres estraños inundaron a estancia e ollaron nos libros. Uhhh! pero que está pasando?

Preguntamos por aí e o alumnado de Infantil e Primaria déunos a resposta, claro, estamos perto do 31 de outubro, data na que se abren as portas do alén e os seres doutros mundos mistúranse con nós para compartir os nosos divertimentos e afeccións.

Como non ían vir á biblio e ver o que tan alegremente facemos todos os días? tiñan curiosidade de saber por que o pasamos tan ben e que se agacha neses obxectos que lemos tan entusiastamente, os libros, onde viron que tamén falan sobre eles. Por que? Porque esta data é o Samaín “Samaín, Samaín, Samaín… ouhhhhh”, desfrutemos da festa, do solsticio de inverno e das visitas inesperadas, porque a maxia tamén entrou na nosa Biblio!!!!

Feliz e divertido Samaín!!!! ouh ouh ouh!