O alumnado de Primaria realizamos un Obradoiro de contos co gallo da celebración do Samaín ( Halloween en inglés). As actividades desenvolvéronse na Biblioteca.
Primeiro visualizamos unha curta de animación de Halloween.
Despois creamos un conto cada un de nós, ilustrándoo a través dun video titorial que nos ensinou como debuxar un monstro.
Xuntamos todos os contos e creamos un libro de contos curtos para Samaín.
Agardamos que vos goste!!!! Feliz e terrorífico Samaín!!!!!!






