A CORCHEIRA DA BIBLIO ESTÁ QUE ARDE!!

Como cada tempada, anunciamos novidades na corcheira da entrada ao cole que nos leva á biblioteca. Antía, de 3ºESO prepara os seus marabillosos carteis coas novidades dos clubs de lectura, este ano, ademais do «Club de misterio e terror» e o «Club de Manga», ampliamos cos de «Vídeo(xogos)» e «Lecturas románticas». Non volo perdades!