Hoxe comezamos coa primeira reunión do Club de lectura de vídeo(xogos) e foi unha experiencia moi interesante!!
A temática que tratamos xirou en torno aos libros “Five nights at Freddy´s”, baseados nunha serie de videoxogos de terror creada por Scott Cawthon e centrada na historia dun restaurante chamado “Freddy Fazbear´s”, pero hai moitas teorías para discutir e imaxinar….


