O equipo de Biblioteca artellou unha actividade titulada “As mil grúas de papel”, consistiu na realización de mil grúas de origami para pedir a paz seguindo a lenda xaponesa.

Que significa a lenda das mil grúas? Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial, a historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica que caeu sobre Hiroshima. Así as mil grúas de origami convertéronse nun emblema da paz e representa: o desexo de curarse.