VERME

O derradeiro luns, o alumnado de 1º e 2º de Primaria recibimos a visita dos ilustradores Fernández & González, autores do álbume ilustrado VERME da editorial Kalandraka.

Recoñecedes a algún?, si, é o profe Germán, que imparte Educación Plástica e Visual na ESO.

VERME é un libro-xogo para fomentar a atención, o maxín e a diversión.

Expricáronnos como se fai un libro, a parte que realizou cada un e algunhas anécdotas.

Ademais, entre todas e todos , fixemos un gran mural que agora decora o corredoiro das nosas aulas.

Velaí nos tendes.