RECREOS MÁIS DIVERTIDOS

O alumnado do centro, en xeral, escolle a Biblioteca como espazo para pasar momentos de lecer nos recreos, incluso con bo tempo, así de ben o pasan, aquí tendes aos de 3º da ESO, xogando, e tamén procurando e lendo algunhas das recomendacións de lectura feitas polo alumnado de 5º de Primaria, que teñen o seu propio taboleiro.