Teredes observado que na Biblioteca ten habido moitos cambios, algúns corresponden á xestión técnica e organización coa CDU. Na nosa biblio é prioritario o uso da Clasificación Decimal Universal na xestión e organización dos fondos, para que o alumnado obteña unha autonomía clave no seu futuro como cidadáns activos na sociedade, estudos e ámbitos profesionais. Así, seguindo as pautas da UNESCO e Bibliotecas escolares de Galicia, saberedes desenvolvervos de maneira eficiente en calquera Biblioteca do mundo.