O pasado martes, en horario extraescolar, comenzamos o Obradoiro de Manga impartido por Izan de 4º da ESO e ao que asistiron alumnas de 2º e 3º de ESO.
Esta semana comenzamos coas extremidades superiores e inferiores e os movementos das mesmas, amais dunha ampla visión do corpo e como se artella para facer unha viñeta tendo en conta as dimensións de espazo publicable.







