As wattpadeiras xuntáronse de novo para falar das súas novelas favoritas na plataforma e aproveitamos que temos moitas delas en papel para penetrar nas súas páxinas de xeito tradicional.
Unha das novelas tratadas é “A través de mi ventana”, obra que imos ler todas e comentar en profundidade á volta das vacacións.
Argallamos tamén un obradoiro de creación literaria, Jeyssin de 3º da ESO creou un enderezo nunha plataforma para que poidamos escribir alí, se te animas podes falar con ela para inscribirte, neste club non só lemos, tamén vivimos a literatura de forma creativa, e é unha fiestra para amosar as nosas obras, que de seguro teñen moito valor.
Esperámoste novo ou nova creador/ creadora, este é o teu club!!!!