O alumnado de 2º e 3º de Primaria están a traballar nun proxecto de coñecemento das Illas Cíes por mor dun concurso no que participan colexios de Vigo en colaboración co “Faro de Vigo”.

Os profesores Lara e Diego están a grabar unhas entrevistas ao seu alumnado sobre a súa idea das Illas Cíes, no presente, pero tamén como imaxinan o seu pasado e o seu futuro.

A nosa Biblio é o escenario e tamén o lugar escollido para a práctica de lectura.