RODAXE DO VIDEO COLABORATIVO «A MOCIDADE VIGUESA CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL»

O pasado luns tivo lugar na nosa Biblio unha rodaxe na que participou alumnado de 4° ESO.

Trátase dun video colaborativo realizado coa participación de alumnado de centros de ensino de secundaria de Vigo e titulado «A mocidade viguesa contra a violencia sexual», enmarcado dentro do Programa «Enlaza Vigo» organizado pola Concelleria de Igualdade do Concello de Vigo.

O video salienta a idea da mocidade viguesa contra a escalada da violencia de xénero e trata a Historia de Pepa e Pepe baseado no relato de Carmen Ruíz Repollo.

Déixovos o enlace ao programa por se queredes saber máis sobre el, o vídeo da «Historia de Pepe e Pepa» dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e unhas fotos dos compañeiros e compañeiras rodando. Proximamente poderemos ver o seu vídeo.

http://www.enlazavigo.org/ ; https://youtu.be/BntnKm-MokE