REGRESO DO CLUB DE MANGA

Xa estamos de volta!

O pasado venres volvemos poñer en marcha o Club de Manga. Reunímonos na Biblio coas profes Mabel e Loli Melero, incrementouse o club con máis membros que o curso pasado e viñemos todas e todos con ilusión e moitas ganas de avanzar, tanto, que a proposta deste curso é a creación dun manga colectivo.

Izan de 3º de ESO impartirá uns obradoiros sobre debuxo de manga nas nosas reunións quincenais e entre todas e todos elaboraremos a historia ilustrada.

Na xuntanza falamos de series, das últimas lecturas do verán, de novas coleccións, dos últimos animes editados e fixemos un montón de plans, entre outros, que o noso manga vai ser publicado por entregas no noso Blog, si, como as novelas decimonónicas.

Desexamos que gustedes e desfrutedes tanto coma nós, e estamos abertas e abertos a calquera proposta, e, por suposto á vosa colaboración e intervención.

Se estades interesadas/interesados en participar neste taller creativo de manga, xa sabedes, na Biblio atoparedes información, ou podedes falar coa profe Mabel.

Vémonos axiña.