Pouco a pouco a nosa Biblio vaise convertendo nun lugar de encontro, estudo, traballo e no que gusta estar.
Como sabedes temos turnos de estadía por mor das restricións, así que cada día tócalle a un grupo burbulla. Compartimos fotos do recreo de 1º da ESO que prefiren pasalo na Biblio lendo, compartindo e traballando.
Consultan libros, realizan actividades, procuran información, demandan préstamos e tamén comentan e recoméndanse lecturas.
Grazas chicas e chicos pola vosa inestimable colaboración, e, sobre todo, pola vosa ilusión que é a nosa.