Hoxe comenzamos, de novo da man do Profe Diego, unha nova tempada. Alumnas e alumnos da ESO participaron neste primeiro encontro do curso.

Houbo unha achega aos libros máis interesantes que recollen os momentos clave da Historia recente, a Segunda Guerra Mundial, un tema apaixoante e que ten milleiros de seguidores en todo o mundo.

Obras como: “El niño con el pijama de rayas”, “El diario de Ana Frank”, “Un saco de canicas”, “La ladrona de libros” “La bibliotecaria de Auschwitz” (donado polo profe Héctor) ou “Mouse” son os títulos sobre os que versará o Club este curso.

Achegámosvos unhas fotos do encontro.

E xa sabes, se gustas da Historia, e da Segunda Guerra Mundial, aquí tes o teu espazo. Anímate!! Contamos contigo!